GLex

Revista de Lexicografía


A Revista de Lexicografía é unha publicación científica de carácter anual consagrada aos estudios lexicográficos editada polo Departamento de Filoloxía Española e Latina da Universidade da Coruña.

A revista naceu en 1995 cuns obxectivos modestos: ofrecer aos investigadores desta materia un lugar de publicación, tendo en conta que era un dominio desatendido. Pensabamos entón —e seguímolo pensando agora— que este tipo de revistas especializadas non abundaban no campo do hispanismo, pero que non por iso debiamos «renunciar a establecer unha canle xornal de divulgación de todo tipo de traballos lexicográficos —tanto na súa faceta diacrónica como sincrónica— que poida mesmo servir de plataforma para outro tipo de actividades».

Así pois, dende o primeiro momento primou ese carácter de publicación especializada, rexeitando toda veleidade de convertela nunha sorte de órgano de expresión dun departamento ou dunha facultade, o que a tería levado a converterse nunha publicación miscelánea; de feito, non suman o dez por cento dos artigos publicados os textos procedentes non xa da Universidade coruñesa, senón das tres universidades galegas.

Para garantir a necesaria calidade arbitrouse dende o principio un rigoroso sistema de avaliación confidencial dos orixinais recibidos, similar ao das publicacións científicas que queriamos emular, e buscouse a colaboración dun comité científico de gran calidade, que reúne boa parte dos mellores especialistas neste campo, non xa do dominio hispánico, senón de fóra del. Grazas a todo iso puidemos contar ao longo dos 17 números da revista cun excelente nivel medio; esa calidade viuse recompensada por unha boa clasificación en repertorios como DICE, RESH y CIRC, así como a súa inclusión no restrinxido ERIH. Ademais está indexada en Latindex, CINDOC, Dialnet.

Grupo de Lexicografía
Facultade de Filoloxía
Universidade da Coruña
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

  • T. +34 981 167 000, ext. 4703
    F. +34 981 167 151
    lexicogr @ udc . es